Friday 10 de May de 2024

Comeza o dispositivo “Ninguén atrás”, co repartimento de tarefas ao alumnado solicitante do CEIP Rosalía de Castro


Un equipo de voluntarias e voluntarios do concello entregaron o material que preparou este centro para que o alumnado que necesita un reforzo educativo non quede descolgado por falta de recursos 501 familias solicitaron este servizo en que traballan conxuntamente as concellerías de Educación e Benestar Social

A iniciativa “Ninguén atrás” púxose hoxe en marcha
coa recollida de tarefas escolares para as nenas e nenos das familias do CEIP
Rosalía de Castro que así o solicitaron, de xeito que un equipo de voluntarias/os
recolleron o material que preparou o centro para llelo levar impreso aos seus
domicilios. Neste aspecto, as concellerías de Educación e Benestar Social traballan
conxuntamente, co fin de que ningún cativo nin cativa quede atrás por non dispor de
recursos na casa.

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, destacou que de momento detectaron
501 familias con nenas e nenos que precisan este reforzo e destacou a implicación
deste colexio en concreto, que lle facilitou o proceso realizando un traballo de
campo en que recolleu a listaxe de alumnos e alumnas para lles axudar con este
servizo. O edil sinalou que esta ferramenta é para que todos os centros escolares
da cidade a utilicen e que, para iso, a concellería habilitou o correo electrónico
tarefasescolares@coruna.es, ao que cada colexio ou instituto pode enviar un pdf

Nota de Prensa

con leccións da casa que se achegan impresas en papel aos fogares. Unha vez que
as rematen, comunicaránllelo ás e aos titores e as persoas cooperantes de Benestar
Social acudirán de novo aos seus domicilios para devolver ese material a cada
centro e que o profesorado o corrixa e avalíe.
Celemín agradeceu a resposta positiva tanto do profesorado como dos cadros
directivos “nestes momentos tan delicados en que nos atopamos ante unha
situación totalmente nova” e espera ofrecerlle á cidadanía máis dispositivos deste
tipo para evitar que o alumnado quede descolgado en cuestións académicas. A
medida que reciban os arquivos en pdf, o concello irá entregando as copias, polo
que haberá repartimentos todos os días.
Para obter información das persoas demandantes, “Ninguén atrás” habilitou un
número de teléfono do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), 981 184
294, co que as/os particulares e os colexios públicos e concertados contactaron coa
idea de que o persoal técnico conformase grazas á súa axuda a correlación entre
nenos e nenas e os centros en que cursan os seus estudos. Das 501 solicitudes
recibidas até o momento, 343 foron de alumnado de primaria, 122 pertencen á ESO,
10 estudan bacharelato e 22 de FP.